domingo, 28 de febrero de 2010

De visita


Como xa vén sendo habitual os alumnos de 1º ESO visitan a Biblioteca de Miraflores. Este curso tamén foron os rapaces de 2º ESO para continuar e completar a formación recibida o ano anterior, de tal xeito que contribúa  a desenvolver  a súa autonomía e a consolidar hábitos de achegamento ás bibliotecas como lugares  de cultura e encontro cos iguais.


Máis información na rede de BM de Sanxenxo.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Premios a moreas

Un ano máis a Rede Municipal de Bibliotecas de Sanxenxo vén de acadar un dos Premios María Moliner 2009 polo programa de animación á lectura Aventuras a moreas.


O galardón consiste nun lote de 200 títulos sobre literatura infantil e xuvenil  que se repartirán nos distintos espazos da rede de Bibliotecas do concello: en Miraflores, en Portonovo e  en Vilalonga.  Son libros para estrear e para presumir deles. Estamos contentos da boa nova. Dende aquí enviámosvos  os nosos parabéns. 

viernes, 19 de junio de 2009

Os máis conflictivos


El 40% de los profesores españoles de primer ciclo de enseñanza secundaria aseguran que la intimidación y el abuso verbal de unos estudiantes sobre otros impiden el normal desarrollo de su actividad.
Así lo asegura un informe de la Dirección de Educación de la Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE), que sitúa a los alumnos españoles entre los más conflictivos de la treintena de países que se han analizado.

La versión que los enseñantes dan en la encuesta es que se ven desmotivados por la rebeldía de sus alumnos, pero también por la escasez de alicientes y estímulos para mejorar su labor. LA VOZ DE GALICIA

NUESTRA OPINIÓN :
A nosotras nos parece que se le debe tener más respeto a los profesores porque ellos suelen ser los que tienen razón y se preocupan por nosotros. Deberíamos respetarlos no solo por educación sino porque ellos no se merecen un mal trato y su trabajo no es enseñarnos solo lengua o matemáticas sino a ser personas. Paula y Andrea

jueves, 18 de junio de 2009

O HIP HOP CHEGA A SANXENXO


A concellería de Xuventude e Deportes do concello de Sanxenxo convoca un programa de dinaminación xuvenil "Obradoiro de baile de hip hop".

Neste obradoiro aportaranse os coñecementos técnicos dos diferentes estilos deste baile, que xurdíu nos anos 60 nas rúas neoiorquinas como un xeito de liberación e expresión xuvenil, e con cuxa práctica desfrutarase, obtendo unha maior coordinación e dominio do corpo e ampliando os recursos coreográficos, con espectaculares movementos. A única condición que hai que ter para participar é ser un mozo/a de 14 a 35 anos.
Ten lugar os sábados, do 9 de maio ao 27 de xuño de 2009, de 11 a 13 horas na Aula Polivalente da Piscina Municipal, en Baltar. Custa 15€.

COMENTARIO:
Escollemos esta noticia, porque é algo que a nós nos interesa, xa que nos gusta a ambas as dúas a música e o baile, e é bo saber que temos un obradoiro de hip hop preto, para poder aprender a bailalo.

Máis información en: Concello de Sanxenxo Mónica e Lara

sábado, 13 de junio de 2009

Polo San Antonio, verbena

"Sanxenxo celebrará hoxe, día 13 de xuño, a festividade de San Antonio. A xornada festiva comezará cos pasarrúas tradicionais á cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Esta mesma formación musical ofrecerá concertos ao aire libre na Praza de Pascual Veiga, en fronte á casa consistorial, ás 13 e ás 18 horas. Pola noite, a partir das 22 horas, as orquestras Cinema e Os Lados actuarán no recinto portuario. Mañá, e coincidindo coa celebración do Corpus, oficiarase unha misa solemne no Novo Templo a partir das 19 horas, procedéndose despois á tradicional procesión. "

Comentario: Escollemos esta noticia porque ao vela, a miña nai díxonos que ía moita xente a ver toda a procesión, e que era bastante famosa entre todo o concello. Nós nunca fomos, pero polo que sae na noticia parece moi interesante.

Do Diario de Arousa

Jorge Agís Aguín
Fabricio Casas Belouta

jueves, 11 de junio de 2009

O parque infantil de Baltar



"O Partido Galeguista solicita o arranxo do parque infantil de Baltar antes de que comece o verán e de que os escolares de Portonovo inicien o seu período de vacacións.

Aseguran que o mantemento dos xogos infantís é nulo ademais de recordar ao Concello que o mobiliario situado no mesmo incumpre o regulamento actual de seguridade para parques infantís, ao carecer de alfombrillas amortiguadoras e proteccións varias establecidas no novo regulamento.

Portonovo conta cun parque infantil situado en Baltar, nas proximidades do campo de fútbol, e outro na zona máis urbana, O Espiñeiro, que é o máis utilizado polos escolares e pequenos da vila. É precisamente este parque o que centraliza gran parte do investimento destinado polo Concello a mantemento e mellora das zonas de xogo infantís. "

COMENTARIO:
Escollimos esta noticia, xa que nos interesa o arranxo do parque de Baltar, pois é un parque que temos moi preto e ao que soíamos ir cando éramos pequenas. As dúas cremos que o parque xa esta un pouco vello, e necesita arranxos, tanto por toda a vexetación que hai no seu redor, como o estado da zona.
Noticia sacada do: Diario de Arousa
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA

viernes, 5 de junio de 2009

O galego na escola


Educación non elaborará o decreto do galego ata ter o resultado da enquisa aos pais.


A consulta aos pais para coñecer a súa opinión sobre a lingua na escola farase de modo individual nas dúas ou tres próximas semanas. Ata que se coñezan os resultados non se empezará a elaborar o borrador do novo decreto do galego.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, desmentiu que se estea manexando a opción de dividir en dous idiomas as materias troncales, «que ademais é totalmente contraria ao noso plantexamento». A enquisa será aos pais con nenos desde os tres anos ata o fin do ensino obrigatorio, e o decreto estará como moi tarde en decembro, aínda que se pode estar en agosto, farémolo». Vázquez descarta ampliar esta enquisa aos profesores, e nun encontro cos directores de institutos avogou por un pacto pola educación ofrecendo aos docentes todo o seu apoio, aínda que non tanto económico pola crise actual.
O presidente da asociación de directores de institutos de Galicia, José Ángel Suárez, ademais de reclamar que se se pide a opinión dos pais debe solicitarse tamén a dos equipos docentes, asegurou que nunca houbo problemas co galego e recorda que o conflito lingüístico «está fóra dá realidade».
Esta noticia é de La voz de Galicia o 5/6/09

COMENTARIO:

Parécenos que se lle ten que dar importancia ao noso idioma, que se fala de moi antiguo. Ademais se se estudia nas escolas os nenos e nenas poderán presumir de saber un idioma máis.

Feito por: Buenache Otero, Andrea

Alonso Gonzalez, Paula