"O Partido Galeguista solicita o arranxo do parque infantil de Baltar antes de que comece o verán e de que os escolares de Portonovo inicien o seu período de vacacións.
Aseguran que o mantemento dos xogos infantís é nulo ademais de recordar ao Concello que o mobiliario situado no mesmo incumpre o regulamento actual de seguridade para parques infantís, ao carecer de alfombrillas amortiguadoras e proteccións varias establecidas no novo regulamento.
Portonovo conta cun parque infantil situado en Baltar, nas proximidades do campo de fútbol, e outro na zona máis urbana, O Espiñeiro, que é o máis utilizado polos escolares e pequenos da vila. É precisamente este parque o que centraliza gran parte do investimento destinado polo Concello a mantemento e mellora das zonas de xogo infantís. "
COMENTARIO:
Escollimos esta noticia, xa que nos interesa o arranxo do parque de Baltar, pois é un parque que temos moi preto e ao que soíamos ir cando éramos pequenas. As dúas cremos que o parque xa esta un pouco vello, e necesita arranxos, tanto por toda a vexetación que hai no seu redor, como o estado da zona.
Noticia sacada do: Diario de Arousa
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario