jueves, 18 de junio de 2009

O HIP HOP CHEGA A SANXENXO


A concellería de Xuventude e Deportes do concello de Sanxenxo convoca un programa de dinaminación xuvenil "Obradoiro de baile de hip hop".

Neste obradoiro aportaranse os coñecementos técnicos dos diferentes estilos deste baile, que xurdíu nos anos 60 nas rúas neoiorquinas como un xeito de liberación e expresión xuvenil, e con cuxa práctica desfrutarase, obtendo unha maior coordinación e dominio do corpo e ampliando os recursos coreográficos, con espectaculares movementos. A única condición que hai que ter para participar é ser un mozo/a de 14 a 35 anos.
Ten lugar os sábados, do 9 de maio ao 27 de xuño de 2009, de 11 a 13 horas na Aula Polivalente da Piscina Municipal, en Baltar. Custa 15€.

COMENTARIO:
Escollemos esta noticia, porque é algo que a nós nos interesa, xa que nos gusta a ambas as dúas a música e o baile, e é bo saber que temos un obradoiro de hip hop preto, para poder aprender a bailalo.

Máis información en: Concello de Sanxenxo Mónica e Lara

No hay comentarios: