miércoles, 22 de octubre de 2008

Emilio Catatayud (II)

Este xuíz de Granada ditou sentenzas sobre cincuenta e dous homicidios, setenta e cinco violacións e máis de oitocentos delitos, o cal é toda unha fazaña.

Eu creo que se necesita ser moi forte psicoloxicamente, xa que o ser testemuña de tantas atrocidades pode esnaquizar a calquera, e especialmente cando sabes que son mozos que acaban de esnaquizar a súa vida, unha vida que podería estar chea de felicidade e boas intencións se non escollesen o camiño equivocado; pero non só son eles os afectados senón que en ocasións tamén danan ás persoas que están á súa redor e ata ás que lles queren.Penso que deberían tomarse máis precaucións para que os mozos non caesen nestes erros estragando as súas vidas e as dos demais.
¿Como se sentiría un pai ou unha nai se o seu fillo ou filla tomase un mal camiño, terminando por delinquir?
Creo que todos deberiamos reflexionar sobre esta pregunta e así todos darémonos conta do dura que é a vida.
Sabela


Gústome moito, a conferencia foi divertida á vez que che ensinaba cousas que pasan na vida cotiá, asasinatos, drogas...
Emilio é un bo xuíz, o cal dáche moitas oportunidades para poder ser quen non fuches e quen debiches ser. El pensa na mellor condena para un menor, que acaban sendo así por culpa dos seus pais, os que pensaban que a educación impúñase no colexio.
Resúltame difícil crer que xóvenes un ano ou dous maiores ca min poidan chegar a ser uns asasinos en serie, e que os demais podemos ser as vítimas das súas tolemias.
Un dos casos que alí se mencionaron e o que mais me impactou foi o dunha moza adicta ás tarxetas de crédito, que me pregunto que fará con tanto diñeiro.
Nós pensamos nas tolemias que fan os demais e eu penso: ¿ esa xente pararase a pensar?


María E.

domingo, 19 de octubre de 2008

Emilio Calatayud

Non podiamos iniciar esta nova sección dentro de Bibliomanía cun acontecemento tan merecedor de ser contado, ademais de pouco frecuente ARREDOR DE NÓS.
A semana pasada saímos do instituto por invitación da ANPA de Vilalonga cun día soleado recorrendo Silgar andando ata que chegamos ao hotel Carlos I . Alí nos agardaba o coñecido xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud que ante os mozos e mozas da zona impartiu unha conferencia maxistral. De pé ante un auditorio vital, con voz firme e segura dirixiuse directo e respostou con contundencia ...
Así o viron os rapaces:
O día 15 de outubro, fomos ao hotel Carlos I, a escoitar unha conferencia de Calatayud, un xuíz de menores.Falounos un pouco das leis e comentounos algúns casos que eran moi impactantes.
As penas por cometer algúns delitos poden ir desde os catro aos dez anos, por exemplo por matar a unha persoa pódenche condenar a cinco anos de condena ou servizos á comunidade.
O caso que máis me impactou foi o dun mozo que levou nun coche a dúas mozas a un escampado. Alí, pediulle a unha das mozas a súa cadea de ouro, esta negouse a darlla e pegoulle un tiro na cara e tres no tórax. Á outra moza, ao intentar escapar lle raxou o pescozo e pegoulle cinco balazos nas costas. A esta persoa caéronlle 12 anos de condena, pero para min debería estar toda a súa vida no cárcere por intentar matar a dúas persoas inocentes.
Moita xente quere tomar a xustiza pola súa man pero isto non está ben é mellor levalo a xuízo. Alberto

O mércores 15 de outubro fun a escoitar a conferencia de Emilio Calatayud. Ao principio parecíame que ía ser un pouco aburrida pero estaba equivocado.
A medida que pasaba o tempo estaba cada vez mais interesado por como debe de ser a vida dun xuíz de menores e ademais para un tan importante como el.
Contounos uns cantos casos que lle pasaron e só con oílos quedabas pampo. Agora sei que aínda que unha persoa sexa menor de idade non pode ir por aí roubando e pegandolle á xente por moi pequena que sexa. Ao final fixémoslle preguntas. Paseino xenial. Sergio


O xuíz Calatayud é un home moi sebero, impón duros castigos, pero á vez
é un home moi amable e dá moitas oportunidades.
Pareceume interesante a charla que deu, fíxome pensar que os malos actos
non nos levan a ningun sitio, porque pensaba que ata que fose maior de idade
non nos metían no cárcere, pero resulta que nos poden meter en correcionales e en centros de menores que é case o mesmo.
Déixonos facerlle preguntas a traves dun micrófono e eu pregúnteille se algunha
vez xulgara a alguén por unha tontería e contestoume que si que xulgou
a persoas por insultos.
Pareceume gracioso o comentario sobre as Telepichas sobre todo porque o pronunciaba así. Hugo

Gustoume moito a conferencia de Emilio Calatayud , porque foi entretida e práctica .Falounos de varios casos reais de adolescentes que cometeron algún tipo de delito.
A min quedoume claro que aínda que sexamos menores imos pagar polos nosos feitos e si non temos a suficiente idade os nosos pais son os responsables. Insistiu na importancia da educación e que prefería ditar sentenzas que faciliten a formación dos mozos (estudar , realizar traballos sociais antes que vaian ao cárcere . Andrea


Emilio Calatayud é un gran xuíz de menores. El procura que os menores non fagamos cousas malas. Nós pensamos que por ser menores non nos poden condenar por facer algo malo. A realidade é moi diferente, pois ao ser maior dos 14 anos poden condenarnos e se tes entre 12 a 14 anos os responsables son os pais.

Emilio Calatayud, comentounos na súa charla que unha das súas experiencias que máis recorda é sobre unha moza de 22 anos que quedou embarazada tres veces. Por dúas veces a moza puido abortar pero a terceira non puido facelo por correr risco o neno e ela mesma. Mentres durou o embarazo a moza estivo ingresada nun centro. Cando o neno naceu á moza deixáronlle visitar aos seus pais, ela deixou o neno cos seus avós e escapouse. O xuíz Emilio Calatayud perdooulle e deulle outra oportunidade, pero a moza volveu ás andadas por segunda vez e volveu abandonar ao seu propio fillo. Foi entón cando o xuíz Emilio Calatayud decidiu dar o neno en adopción a unha moi boa familia. Este neno logo de estar vivindo seis anos con esta familia vese moi feliz e contento. A moza (a súa nai) esta en prisión con moi poucos días de vida debido ao seu estado de saúde por consumo de drogas. Romina


A charla que deu Emilio Calatayud, encantoume. Aínda que non entendo como pode a xente cometer tantos crimes. E aínda ten menos sentido que o fagan os menores de idade, porque teñen moita vida por diante e pásana de reformatorio en reformatorio.
Paréceme normal que teñan problemas, porque todo o mundo os tenos, ata eu, pero nin póndome no lugar desas persoas ocorreríaseme facer algo así, como asasinar a alguén. Todos os casos que nos contou Emilio déronme moita pena, como o dun mozo que tirou á súa irmá a un río e deixou que se afogase, ou cando unha moza intentou abortar e despois abandonar varias veces ao seu fillo.
Tamén me conmoveu moito cando nos contou que un adolescente disparou a dúas mozas logo de pedirlles as súas cadeas e que elas se negasen. Contounos moitas cousas máis, pero o que quero dicir é que me gusta moito o traballo que fai este señor, e que algún día gustaríame ser como el.
Mari Luz