"Sanxenxo celebrará hoxe, día 13 de xuño, a festividade de San Antonio. A xornada festiva comezará cos pasarrúas tradicionais á cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Esta mesma formación musical ofrecerá concertos ao aire libre na Praza de Pascual Veiga, en fronte á casa consistorial, ás 13 e ás 18 horas. Pola noite, a partir das 22 horas, as orquestras Cinema e Os Lados actuarán no recinto portuario. Mañá, e coincidindo coa celebración do Corpus, oficiarase unha misa solemne no Novo Templo a partir das 19 horas, procedéndose despois á tradicional procesión. "
Comentario: Escollemos esta noticia porque ao vela, a miña nai díxonos que ía moita xente a ver toda a procesión, e que era bastante famosa entre todo o concello. Nós nunca fomos, pero polo que sae na noticia parece moi interesante.
Do Diario de Arousa
Jorge Agís Aguín
Fabricio Casas Belouta
No hay comentarios:
Publicar un comentario