Un ano máis a Rede Municipal de Bibliotecas de Sanxenxo vén de acadar un dos Premios María Moliner 2009 polo programa de animación á lectura Aventuras a moreas.
O galardón consiste nun lote de 200 títulos sobre literatura infantil e xuvenil que se repartirán nos distintos espazos da rede de Bibliotecas do concello: en Miraflores, en Portonovo e en Vilalonga. Son libros para estrear e para presumir deles. Estamos contentos da boa nova. Dende aquí enviámosvos os nosos parabéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario