lunes, 9 de noviembre de 2009

Premios a moreas

Un ano máis a Rede Municipal de Bibliotecas de Sanxenxo vén de acadar un dos Premios María Moliner 2009 polo programa de animación á lectura Aventuras a moreas.


O galardón consiste nun lote de 200 títulos sobre literatura infantil e xuvenil  que se repartirán nos distintos espazos da rede de Bibliotecas do concello: en Miraflores, en Portonovo e  en Vilalonga.  Son libros para estrear e para presumir deles. Estamos contentos da boa nova. Dende aquí enviámosvos  os nosos parabéns. 

viernes, 19 de junio de 2009

Os máis conflictivos


El 40% de los profesores españoles de primer ciclo de enseñanza secundaria aseguran que la intimidación y el abuso verbal de unos estudiantes sobre otros impiden el normal desarrollo de su actividad.
Así lo asegura un informe de la Dirección de Educación de la Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE), que sitúa a los alumnos españoles entre los más conflictivos de la treintena de países que se han analizado.

La versión que los enseñantes dan en la encuesta es que se ven desmotivados por la rebeldía de sus alumnos, pero también por la escasez de alicientes y estímulos para mejorar su labor. LA VOZ DE GALICIA

NUESTRA OPINIÓN :
A nosotras nos parece que se le debe tener más respeto a los profesores porque ellos suelen ser los que tienen razón y se preocupan por nosotros. Deberíamos respetarlos no solo por educación sino porque ellos no se merecen un mal trato y su trabajo no es enseñarnos solo lengua o matemáticas sino a ser personas. Paula y Andrea

jueves, 18 de junio de 2009

O HIP HOP CHEGA A SANXENXO


A concellería de Xuventude e Deportes do concello de Sanxenxo convoca un programa de dinaminación xuvenil "Obradoiro de baile de hip hop".

Neste obradoiro aportaranse os coñecementos técnicos dos diferentes estilos deste baile, que xurdíu nos anos 60 nas rúas neoiorquinas como un xeito de liberación e expresión xuvenil, e con cuxa práctica desfrutarase, obtendo unha maior coordinación e dominio do corpo e ampliando os recursos coreográficos, con espectaculares movementos. A única condición que hai que ter para participar é ser un mozo/a de 14 a 35 anos.
Ten lugar os sábados, do 9 de maio ao 27 de xuño de 2009, de 11 a 13 horas na Aula Polivalente da Piscina Municipal, en Baltar. Custa 15€.

COMENTARIO:
Escollemos esta noticia, porque é algo que a nós nos interesa, xa que nos gusta a ambas as dúas a música e o baile, e é bo saber que temos un obradoiro de hip hop preto, para poder aprender a bailalo.

Máis información en: Concello de Sanxenxo Mónica e Lara

sábado, 13 de junio de 2009

Polo San Antonio, verbena

"Sanxenxo celebrará hoxe, día 13 de xuño, a festividade de San Antonio. A xornada festiva comezará cos pasarrúas tradicionais á cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Esta mesma formación musical ofrecerá concertos ao aire libre na Praza de Pascual Veiga, en fronte á casa consistorial, ás 13 e ás 18 horas. Pola noite, a partir das 22 horas, as orquestras Cinema e Os Lados actuarán no recinto portuario. Mañá, e coincidindo coa celebración do Corpus, oficiarase unha misa solemne no Novo Templo a partir das 19 horas, procedéndose despois á tradicional procesión. "

Comentario: Escollemos esta noticia porque ao vela, a miña nai díxonos que ía moita xente a ver toda a procesión, e que era bastante famosa entre todo o concello. Nós nunca fomos, pero polo que sae na noticia parece moi interesante.

Do Diario de Arousa

Jorge Agís Aguín
Fabricio Casas Belouta

jueves, 11 de junio de 2009

O parque infantil de Baltar



"O Partido Galeguista solicita o arranxo do parque infantil de Baltar antes de que comece o verán e de que os escolares de Portonovo inicien o seu período de vacacións.

Aseguran que o mantemento dos xogos infantís é nulo ademais de recordar ao Concello que o mobiliario situado no mesmo incumpre o regulamento actual de seguridade para parques infantís, ao carecer de alfombrillas amortiguadoras e proteccións varias establecidas no novo regulamento.

Portonovo conta cun parque infantil situado en Baltar, nas proximidades do campo de fútbol, e outro na zona máis urbana, O Espiñeiro, que é o máis utilizado polos escolares e pequenos da vila. É precisamente este parque o que centraliza gran parte do investimento destinado polo Concello a mantemento e mellora das zonas de xogo infantís. "

COMENTARIO:
Escollimos esta noticia, xa que nos interesa o arranxo do parque de Baltar, pois é un parque que temos moi preto e ao que soíamos ir cando éramos pequenas. As dúas cremos que o parque xa esta un pouco vello, e necesita arranxos, tanto por toda a vexetación que hai no seu redor, como o estado da zona.
Noticia sacada do: Diario de Arousa
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA

viernes, 5 de junio de 2009

O galego na escola


Educación non elaborará o decreto do galego ata ter o resultado da enquisa aos pais.


A consulta aos pais para coñecer a súa opinión sobre a lingua na escola farase de modo individual nas dúas ou tres próximas semanas. Ata que se coñezan os resultados non se empezará a elaborar o borrador do novo decreto do galego.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, desmentiu que se estea manexando a opción de dividir en dous idiomas as materias troncales, «que ademais é totalmente contraria ao noso plantexamento». A enquisa será aos pais con nenos desde os tres anos ata o fin do ensino obrigatorio, e o decreto estará como moi tarde en decembro, aínda que se pode estar en agosto, farémolo». Vázquez descarta ampliar esta enquisa aos profesores, e nun encontro cos directores de institutos avogou por un pacto pola educación ofrecendo aos docentes todo o seu apoio, aínda que non tanto económico pola crise actual.
O presidente da asociación de directores de institutos de Galicia, José Ángel Suárez, ademais de reclamar que se se pide a opinión dos pais debe solicitarse tamén a dos equipos docentes, asegurou que nunca houbo problemas co galego e recorda que o conflito lingüístico «está fóra dá realidade».
Esta noticia é de La voz de Galicia o 5/6/09

COMENTARIO:

Parécenos que se lle ten que dar importancia ao noso idioma, que se fala de moi antiguo. Ademais se se estudia nas escolas os nenos e nenas poderán presumir de saber un idioma máis.

Feito por: Buenache Otero, Andrea

Alonso Gonzalez, Paula

CURISIDADES Cines 3D en Galicia

Galicia se abre desde hoy a la exhibición cinematográfica 3D con una de las salas de Yelmo Cines de Vigo, sumándose así al centenar aproximado de pantallas que actualmente ya pueden mostrar películas en ese formato, para las que se hace necesario el uso de unas gafas especiales.
De ahora a final de año, con toda probabilidad, A Coruña se sumará a la innovación en los dos complejos existentes, Filmax y Rosales, a los que a medio plazo seguirían otros como los Cinesa compostelanos, una vez abran su nuevo complejo en el centro comercial de As Cancelas. Cinesa espera llegar a finales del 2009 con un total de 30 pantallas 3D repartidas entre sus 390 pantallas en toda España. Diversos circuitos como Yelmo, Kinnepolis, UGC o CineBox, entre otros, ya planifican su progresiva inclusión en lo que está llamado a revolucionar la exhibición del futuro.
Gafas activas
Para poder ver en Vigo la animación Los mundos de Coraline y el documental musical Los Jonas Brothers en concierto se usará uno de los sistemas homologados, el de gafas activas Nuvision, quizá el de proyección digital más sofisticado, ya que el efecto tridimensional se consigue directamente al recibir la imagen en las gafas y no a través de filtros desde el proyector. La visión digital en tres dimensiones se percibe gracias a que el proyector emite dos imágenes digitales de manera simultánea, que se proyectan en la pantalla del cine con una pequeña separación, que el espectador une creando las tres dimensiones a través de las citadas gafas activas Nuvision.
La entrada tendrá un coste en torno a los diez euros (dependiendo del día de la semana), de los cuales tres corresponden a las gafas en concepto de alquiler y que deberán ser devueltas al finalizar la proyección. Ambas películas están entre los estrenos del fin de semana en España, aunque también podrá disfrutarse de ellos en el formato convencional 2D.
Aun con las naturales reservas, se puede trazar ya un primer calendario de películas previstas en 3D para los próximos meses en España. En julio serían Ice Age 3: el ocaso de los dinosaurios (día 3) y Harry Potter: el misterio del príncipe (día 17); en agosto, UP (día 14); en septiembre, G-Force (día 4), Destino Final 4 (día 4) y Océanos 3D: en las profundidades (día 25). Para el otoño se aguardan títulos de animación como Toy Story 1 y Toy Story 2 (ahora ambas en 3D), Un cuento de Navidad , Lluvia de albóndigas y la muy esperada Avatar, que llegaría a mediados de diciembre.

jueves, 4 de junio de 2009

Exposición sobre violencia de xénero



A Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo inaugurará o sábado unha exposición na que, baixo o título " Unha imaxe e 1000 palabras" aborda o problema social da violencia de xénero. A mostra poderá verse durante todo o mes no local "O Trasno do Candil", na rúa Francisco Trelles, en Portonovo. A inauguración será ás 20.30 horas e os organizadores servirán un viño albariño a todos os que se acheguen ao local.

A través de fotografías e textos presentes nestas imaxes, a mostra analiza os aspectos psicolóxicos e emocionais que afectan ás mulleres vítimas de malos tratos. En palabras de Leonardo Vaqueiro (GaliCan), autor das obras, "intentamos amosar á persoa que existe detrás do dano físico, os seus pensamentos, as súas emocións, as súas reaccións, posto que as consecuencias psicolóxicas e emocionais dos malos tratos e as actitudes e comportamentos que derivan delas, varían en cada persoa, sendo en moitos casos, máis difíciles de superar que a propia dor física".

Pola súa banda, a presidenta dá Asociación de Abrandares en Igualdade de Sanxenxo, Alejandra Lama, incidiu na importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas que "contribúan a concienciación para a loita contra esta secuela social, afondando na necesidade de dar unha solución para superar este grave problema".


COMENTARIO:
Nós escollimos esta noticia, porque as dúas estamos de acordo conque se fagan campañas que servan para tomar conciencia deste grave problema que afecta ás mulleres.

Ademais parécenos interesante a exposición que haberá durante todo o mes no local "O Trasno do Candil" en Portonovo, esta exposición está dirixida pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo. Inaugurarase o sábado 06/06/09 ás 20:30 horas.
Non deixedes de visitala!!!

Noticia sacada do Diario de Arousa
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA


viernes, 29 de mayo de 2009

Ecoloxistas do Salnés ligan as dunas de Baltar a identidade de Portonovo.



Nun intento por salvar as dunas de Baltar dunha agresión segura, Ecoloxistas do Salnés iniciou unha campaña personalizada dirixida aos veciños de Portonovo para concienciar acerca da importancia do enclave natural. Na carta que os veciños de Portonovo están a recibir nas súas caixas de correos co remite da asociación de defensa da natureza pódese ler nun texto destacado: «Quere vostede que Portonovo sexa recoñecido como a vila da duna ou a vila que está xunto a Sanxenxo?
O vínculo do complexo dunar coa identidade de Portonovo é o fío condutor da argumentación. «Contar con dunas ao lado dun núcleo urbano é unha auténtica rareza», remarcan os ecoloxistas, que aseguran que ese debe ser o seu auténtico potencial como destino turístico. «Portonovo é a vila da duna, e así debe ser coñecida. A praia de Portonovo ten ese recurso diferenciador na duna. «Os turistas buscan, cada vez máis, o contacto coa natureza e a calidade paisaxística local».

A NOSA OPINIÓN

As dunas son unha maneira de definir o que significa Portonovo por iso cremos que defendelas e como defender o mesmo Portonovo e iso fomentará o bañismo e é que Portonovo é un dos lugares turísticos máis bonitos para visitar se queres coñecer Galicia.


Paula Alonso e Andrea Buenache de1ºA.

jueves, 28 de mayo de 2009

Sanxenxo renueva sus 13 banderas azules y lidera, por séptimo año, el ránking español.


Sanxenxo lidera, por séptimo año consecutivo, el ránking español de banderas azules, al haber conseguido renovar los 13 distintivos obtenidos el año pasado para 14 arenales. Areas, Panadeira, Silgar,Baltar, Caneliñas, Major, Canelas, Paxariñas, Bascuas, Montalvo, Pragueira, Areas Gordas-Lapa y Foxos presumirán este año de nuevo de su bandera azul.
En la comarca de O Salnés, el municipio de Sanxenxo estará seguido del de O Grove en número de distintivos, ya que también consiguió renovar las seis ecoetiquetas logradas en 2008. También A Illa lucirá, por tercer año, las dos banderas azules en las playas de Camaxe y Area de Secada. Vilagarcía no solicitara este año la renovación de la de A Compostela.



COMENTARIO:
Nosotras hemos escogido esta noticia, porque pertenecemos al concello de Sanxenxo, y a las dos nos gusta la playa. Esta noticia refleja la limpieza y los servicios que nuestras playas nos ofrecen. De las catorce playas que tiene nuestro municipio, trece han sido galadornadas con bandera azul.
Pasaremos un verano de BANDERA!!!
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA










sábado, 23 de mayo de 2009

Unha boa iniciativa

O Concello inclúe os aceites usados no servizo de recollida selectiva de residuos.

"O Concello de Sanxenxo está ampliando o servizo que ofrece aos veciños de recollida selectiva de residuos coa instalación de catorce colectores específicos destinados aos aceites vexetais, usados tanto nas cociñas particulares como nos restaurantes, co fin de minimizar ou impacto destes produtos contaminantes non medio ambiente, sinalou o concelleiro responsable desta área, Manuel López. "


Comentario: A nós os dous, gustounos esta noticia porque facilita a recollida de aceites, e fai que non contaminemos tanto o que axuda ao coidado do medioambiente que tanta falta lle fai.
Este é o noso comentario. Veña porque non te animas!!!!!
Jorge e Fabricio

miércoles, 20 de mayo de 2009

CONSELLOS PARA UNHA BITÁCORA MELLOR.

Preme neste enlace do blog Diario de lecturas que te levará a un manual para dar os primeiros pasos na creación dun blog.

Neste outro enlace entrarás directamente ao post que recolle uns mínimos consellos para empezar a publicar.

Ánimo!!!
Benvido@s ao mundo da blogosfera!!!!!!
Comezamos!!!

Sanxenxomanía

Comezamos unha nova andaina. Un grupo de rapazas e rapaces, membros a maior parte deles do equipo da Biblioteca dende o comezo do curso, van botar a andar este blog.
Preténdese recoller as noticias máis salientables que acontecen ao noso arredor baixo a mirada atenta dos novos reporteiros. A través da prensa escrita que chega ao instituto cada mañá, ou ben a través da presa dixital, farase un rastreo e unha selección daquelo que resulte de interese por cercano ao centro ou porque ten relación con eventos socioculturais acontecidos no concello de Sanxenxo.
A modo de obradoiro de prensa pois, nace esta nova sección. Desculpade os posibles erros e novatadas que poidamos cometer. O que sí vos garantizo é a ilusión que no proxecto están a poñer Andrea, Lara, Mónica, Paula, os dous Adriáns, Jorge e Fabricio.