viernes, 29 de mayo de 2009

Ecoloxistas do Salnés ligan as dunas de Baltar a identidade de Portonovo.



Nun intento por salvar as dunas de Baltar dunha agresión segura, Ecoloxistas do Salnés iniciou unha campaña personalizada dirixida aos veciños de Portonovo para concienciar acerca da importancia do enclave natural. Na carta que os veciños de Portonovo están a recibir nas súas caixas de correos co remite da asociación de defensa da natureza pódese ler nun texto destacado: «Quere vostede que Portonovo sexa recoñecido como a vila da duna ou a vila que está xunto a Sanxenxo?
O vínculo do complexo dunar coa identidade de Portonovo é o fío condutor da argumentación. «Contar con dunas ao lado dun núcleo urbano é unha auténtica rareza», remarcan os ecoloxistas, que aseguran que ese debe ser o seu auténtico potencial como destino turístico. «Portonovo é a vila da duna, e así debe ser coñecida. A praia de Portonovo ten ese recurso diferenciador na duna. «Os turistas buscan, cada vez máis, o contacto coa natureza e a calidade paisaxística local».

A NOSA OPINIÓN

As dunas son unha maneira de definir o que significa Portonovo por iso cremos que defendelas e como defender o mesmo Portonovo e iso fomentará o bañismo e é que Portonovo é un dos lugares turísticos máis bonitos para visitar se queres coñecer Galicia.


Paula Alonso e Andrea Buenache de1ºA.

No hay comentarios: