viernes, 5 de junio de 2009

O galego na escola


Educación non elaborará o decreto do galego ata ter o resultado da enquisa aos pais.


A consulta aos pais para coñecer a súa opinión sobre a lingua na escola farase de modo individual nas dúas ou tres próximas semanas. Ata que se coñezan os resultados non se empezará a elaborar o borrador do novo decreto do galego.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, desmentiu que se estea manexando a opción de dividir en dous idiomas as materias troncales, «que ademais é totalmente contraria ao noso plantexamento». A enquisa será aos pais con nenos desde os tres anos ata o fin do ensino obrigatorio, e o decreto estará como moi tarde en decembro, aínda que se pode estar en agosto, farémolo». Vázquez descarta ampliar esta enquisa aos profesores, e nun encontro cos directores de institutos avogou por un pacto pola educación ofrecendo aos docentes todo o seu apoio, aínda que non tanto económico pola crise actual.
O presidente da asociación de directores de institutos de Galicia, José Ángel Suárez, ademais de reclamar que se se pide a opinión dos pais debe solicitarse tamén a dos equipos docentes, asegurou que nunca houbo problemas co galego e recorda que o conflito lingüístico «está fóra dá realidade».
Esta noticia é de La voz de Galicia o 5/6/09

COMENTARIO:

Parécenos que se lle ten que dar importancia ao noso idioma, que se fala de moi antiguo. Ademais se se estudia nas escolas os nenos e nenas poderán presumir de saber un idioma máis.

Feito por: Buenache Otero, Andrea

Alonso Gonzalez, Paula

No hay comentarios: