viernes, 29 de mayo de 2009

Ecoloxistas do Salnés ligan as dunas de Baltar a identidade de Portonovo.



Nun intento por salvar as dunas de Baltar dunha agresión segura, Ecoloxistas do Salnés iniciou unha campaña personalizada dirixida aos veciños de Portonovo para concienciar acerca da importancia do enclave natural. Na carta que os veciños de Portonovo están a recibir nas súas caixas de correos co remite da asociación de defensa da natureza pódese ler nun texto destacado: «Quere vostede que Portonovo sexa recoñecido como a vila da duna ou a vila que está xunto a Sanxenxo?
O vínculo do complexo dunar coa identidade de Portonovo é o fío condutor da argumentación. «Contar con dunas ao lado dun núcleo urbano é unha auténtica rareza», remarcan os ecoloxistas, que aseguran que ese debe ser o seu auténtico potencial como destino turístico. «Portonovo é a vila da duna, e así debe ser coñecida. A praia de Portonovo ten ese recurso diferenciador na duna. «Os turistas buscan, cada vez máis, o contacto coa natureza e a calidade paisaxística local».

A NOSA OPINIÓN

As dunas son unha maneira de definir o que significa Portonovo por iso cremos que defendelas e como defender o mesmo Portonovo e iso fomentará o bañismo e é que Portonovo é un dos lugares turísticos máis bonitos para visitar se queres coñecer Galicia.


Paula Alonso e Andrea Buenache de1ºA.

jueves, 28 de mayo de 2009

Sanxenxo renueva sus 13 banderas azules y lidera, por séptimo año, el ránking español.


Sanxenxo lidera, por séptimo año consecutivo, el ránking español de banderas azules, al haber conseguido renovar los 13 distintivos obtenidos el año pasado para 14 arenales. Areas, Panadeira, Silgar,Baltar, Caneliñas, Major, Canelas, Paxariñas, Bascuas, Montalvo, Pragueira, Areas Gordas-Lapa y Foxos presumirán este año de nuevo de su bandera azul.
En la comarca de O Salnés, el municipio de Sanxenxo estará seguido del de O Grove en número de distintivos, ya que también consiguió renovar las seis ecoetiquetas logradas en 2008. También A Illa lucirá, por tercer año, las dos banderas azules en las playas de Camaxe y Area de Secada. Vilagarcía no solicitara este año la renovación de la de A Compostela.



COMENTARIO:
Nosotras hemos escogido esta noticia, porque pertenecemos al concello de Sanxenxo, y a las dos nos gusta la playa. Esta noticia refleja la limpieza y los servicios que nuestras playas nos ofrecen. De las catorce playas que tiene nuestro municipio, trece han sido galadornadas con bandera azul.
Pasaremos un verano de BANDERA!!!
BARRAL AGUÍN, Mónica
CRESPO POCEIRO, Lara
1ºA










sábado, 23 de mayo de 2009

Unha boa iniciativa

O Concello inclúe os aceites usados no servizo de recollida selectiva de residuos.

"O Concello de Sanxenxo está ampliando o servizo que ofrece aos veciños de recollida selectiva de residuos coa instalación de catorce colectores específicos destinados aos aceites vexetais, usados tanto nas cociñas particulares como nos restaurantes, co fin de minimizar ou impacto destes produtos contaminantes non medio ambiente, sinalou o concelleiro responsable desta área, Manuel López. "


Comentario: A nós os dous, gustounos esta noticia porque facilita a recollida de aceites, e fai que non contaminemos tanto o que axuda ao coidado do medioambiente que tanta falta lle fai.
Este é o noso comentario. Veña porque non te animas!!!!!
Jorge e Fabricio

miércoles, 20 de mayo de 2009

CONSELLOS PARA UNHA BITÁCORA MELLOR.

Preme neste enlace do blog Diario de lecturas que te levará a un manual para dar os primeiros pasos na creación dun blog.

Neste outro enlace entrarás directamente ao post que recolle uns mínimos consellos para empezar a publicar.

Ánimo!!!
Benvido@s ao mundo da blogosfera!!!!!!
Comezamos!!!

Sanxenxomanía

Comezamos unha nova andaina. Un grupo de rapazas e rapaces, membros a maior parte deles do equipo da Biblioteca dende o comezo do curso, van botar a andar este blog.
Preténdese recoller as noticias máis salientables que acontecen ao noso arredor baixo a mirada atenta dos novos reporteiros. A través da prensa escrita que chega ao instituto cada mañá, ou ben a través da presa dixital, farase un rastreo e unha selección daquelo que resulte de interese por cercano ao centro ou porque ten relación con eventos socioculturais acontecidos no concello de Sanxenxo.
A modo de obradoiro de prensa pois, nace esta nova sección. Desculpade os posibles erros e novatadas que poidamos cometer. O que sí vos garantizo é a ilusión que no proxecto están a poñer Andrea, Lara, Mónica, Paula, os dous Adriáns, Jorge e Fabricio.