miércoles, 20 de mayo de 2009

Sanxenxomanía

Comezamos unha nova andaina. Un grupo de rapazas e rapaces, membros a maior parte deles do equipo da Biblioteca dende o comezo do curso, van botar a andar este blog.
Preténdese recoller as noticias máis salientables que acontecen ao noso arredor baixo a mirada atenta dos novos reporteiros. A través da prensa escrita que chega ao instituto cada mañá, ou ben a través da presa dixital, farase un rastreo e unha selección daquelo que resulte de interese por cercano ao centro ou porque ten relación con eventos socioculturais acontecidos no concello de Sanxenxo.
A modo de obradoiro de prensa pois, nace esta nova sección. Desculpade os posibles erros e novatadas que poidamos cometer. O que sí vos garantizo é a ilusión que no proxecto están a poñer Andrea, Lara, Mónica, Paula, os dous Adriáns, Jorge e Fabricio.

No hay comentarios: